O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

lunes, 4 de octubre de 2010

Unha caracocha cara un mundo máxico


Un día de primavera camiñaba polo interior dun bosque chamado O Bosque dos Perdidos. Paseaba entre as enormes árbores que aparecían no camiño. Cando xa marchaba daquel misterioso e sombrío lugar vin unha caracocha moi profunda nunha árbore enorme, acerqueime e observei o que había dentro da árbore oca. Nese momento aconteceu unha cousa rarísima: apareceu un trasno. Era pequeno e moi peludo, tiña unhas unllas afiadísimas. Aquel trasno díxome en voz grave e moi baixiño que tiña que acertar un enigma, ou se non morrería. Despois de dicirme o enigma pensei como nunca antes pensara. De súpeto solucioneino e contesteille. O trasno, pasmado, díxome que acertara e deixoume ir ao mundo máxico. Entrei e vin a cousa máis sorprendente do mundo. Vía unha casa de ouro repleta de diamantes incrustados. Paseei polos arredores da casa xigante e encontrei: estanques de chocolate, montañas de regalicias e moitas outras cousas parecidas, galiñas que incubaban ovos de ouro, etc. Había criados e criadas animais, podían falar e establecían unha conversa bastante interesante, ao instante sabía que tiña que volver á miña vida normal e saín dese lugar espectacular.

1 comentario:

Supercurritos dijo...

Moi ben, Manu; empleaches a imaxinación e, ademáis, está moi ben redactado e moi correcto.
Noraboa
Rosa