O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

viernes, 29 de octubre de 2010

O polbo Paul

O CARBALLIÑO QUERE LOGRAR OS RESTOS DO POLBO "PAUL"
A morte de Paul, o polbo adiviño, emocionou a moita xente polo cariño que se lle tiña desde que acertou o resultado da final do campionato do mundo de fútbol que foi favorable a España como todo o mundo sabe. A morte do famoso cefalópodo ocorreu onte na súa peceira do acuario Sea Life, na cidade alemá de Oberhausen.
O Concello do Carballiño quere conseguir o mediático cefalópodo para colocalo no futuro Museo do Polbo, que pretende crear na localidade de Arcos. A pesar diso, o Concello púxose en contacto co acuario malagueño de Benalmádena, do mesmo grupo que o de Sea Life de Oberhausen, para pedirlles que transmitisen a súa intención de trasladar o polbo ao Carballiño.
O polbo Paul converteuse converteuse nunha estrela en todo o planeta ao predicir os resultados do Mundial de Fútbol de África do Sur.

COMENTARIO:
Que pena! O polbo Paul foi famosísimo polos seus acertos no mundial de fútbol. Agora é unha estrela no mundo e por iso lle van dedicar moitas atencións a ese especial animal.


Manuel

No hay comentarios: