O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

miércoles, 27 de octubre de 2010

AS FRAGAS DO EUME. Manuel

AS FRAGAS DO EUME
Os alumnos de 5º e 6º fomos ás fragas do Eume. Polo camiño observamos a natureza que nos rodeaba. Durante o percorrido atopamos salamántigas e animais moi raros. Eu e algúns dos meus compañeiros entretiñámonos de tal maneira que quedabamos retrasados, pero era moi divertido aquela sensación de certa liberdade.
O monitor explicounos cousas moi interesantes sobre a natureza que contemplabamos. Despois das explicacións tivemos que pasar por unha ponte de madeira que se movía ao ir nós por riba dela. A paisaxe era espectacular. Na ponte divisábase o río que reflexaba a luz do sol cunha especie de cascada e uns rápidos que facían ao río favorecedor. A profe sacábanos fotos sen cesar. Eu saía en todas as fotos cos meus amigos porque nos encanta saír nas fotos.

Á volta, a todos nos parecía que non dabamos chegado polo sol que impactaba nas nosas costas, pero aínda así intentabamos pasar o tempo conversando e mirando a fauna e a flora. As dúas viaxes en autobús foron frápidas e divertidas. Nós faciamos vídeos moi graciosos para facer a viaxe máis curta e agradable.

Manuel

No hay comentarios: