O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

miércoles, 27 de octubre de 2010

EXPLOTACIÓN INFANTIL NO MUNDO.


A EXPLOTACIÓN INFANTIL NO MUNDO.

Refírese ao traballo dos nenos en calquera sistema de produción económica dun país e no mantemento económico dun grupo familiar. Tamén se denomina traballo infantil. Arredor de 346 millóns de nenos e nenas son suxeito da explotación infantil no planeta e polo menos tres cuartas partes (171 millóns) fano en condicións ou situacións de perigo.
Os nenos e nenas fan traballos perigosos como a explotación mineira, traballos que teñen que ver coa manipulación de armas, etc.; outros traballos non supoñen un risco para a vida, pero son un abuso aos dereitos do neno, como por exemplo a prostitución.
A explotación infantil dáse en países en vías de desenvolvemento ou países pobres, pero os países industrializados teñen a mesma culpa porque compran os produtos feitos por estes nenos.
Para evitar a explotación infantil, os países industrializados non deben obter produtos feitos por nenos, pero deben axudar os países pobres para que os nenos non sexan obrigados a traballar e todos os estados deben perseguir a todo adulto que faga este delito.

MANUEL

No hay comentarios: