UN AMIGO EN APUROS
Estas vacacións, un amigo meu tomouse a liberdade de ir ata Hawai, a descansar un pouco do seu traballo de detective. O meu amigo alugou unha casa enfronte da praia. A casa era luxosísima cunha bufarda que deixaba pasar unha luz moi intensa. Tamén estaba nun andel unha buxaina preciosa que parecía que tiña unha cousa espléndida no seu interior.
O meu amigo é un moceiro profesional e sae todas as noites de bares para poder ligar, pero unha noite encontrouse cuns ladróns de tesouros que de repente o atacaron sen máis e deixárono inconsciente. Un pouco despois espertou nun tobo, que seguramente era o dos ladróns. Cando espertou totalmente o primeiro que viu era un home cunha xostra, parecía como se fose un pastrán porque se movía dun lado a outro un pouco mareado. Tamén viu unha puvisa porque xa era de día. Sentíase como o refacho do vento batía no tobo. De súpeto unha voz grave e suave faloulle detrás súa, dicíalle qaue tiña que pagar uns impostos para o seu xefe, porque se non morrería por robarselles da outra vez. Capturouno para que lle dixese onde estaba a súa buxaina porque dentro dela había un diamante. O meu amigo quedou coa boca aberta ao oír iso. Un pouco máis tarde xa estaban na súa casa, pero o detective, o meu amigo sabía moi ben o primeiro que tiña que facer: chamou en silencio aos policías de Hawai para que capturaran os ladróns. Cando os ladróns abriron a buxaina e viron o precioso diamante saíron da casa, pero os policías xa os esperaban fóra da casa e colléronos sen que os ladróns escaparan.
Manuel

No hay comentarios:
Publicar un comentario