O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

lunes, 4 de octubre de 2010

A porta dos encantamentos

Eu ía camiñando xunto ao meu cabalo e encontrei unha nena sentada na sombra dunha árbore.Díxome que estaba moi cansa ,e que non podía chegar a súa casa.Eu, a levei no meu cabalo ata onde había unha seta.E a nena cantou:

"A cucaracha,a cucaracha....", e a seta convertíuse nun cohete, e o meu cabalo nun pegaso.

A nena e máis eu, entramos no "cohete seta" e o meu cabalo,(en canto o cohete despegou),seguimos voando.

Chegamos a un pobo enrriba das nubes e no fondo cun castelo.

A nena e máis eu subimos ao pegaso e chegamos ao castelo onde agardaban a nena nove rapazas que eran as súas irmás.Entraron no castelo que estaba feito de auga.o único que non estaba feito de auga era a chimenéa e máis a vaixela.Cenei e durmín alí. Ao día seguinte, fixéronme unha proba na que tiña que elexir a unha das irmás para ver se me daban unha recompensa ou un castigo. Tiña que elexir a irmá que me parecera boa por dentro. A primeira non se paraba de rir, a segunda lle decían unha palabra e enfadábase, e as demáis estaban todas quetas menos unha que estaba nun rincón pensando. Eu elexín a que estaba pensando xa que mentres pensaba, sonría.Iso queía decir que os seus pensamentos eran bos,e ¡acertei!

Leveime dous diamantes a casa. Ao se me acabaren os cartos, fún por máis ao o pobo das nubes pensando:"se unha vez xa deronme cartos...tamén dous..."

Pero nas nubes xa non había pobo,s ó estaba unha das irmás, que me dixo que a primeira vez déranme os diamantes por boa persoa pero que coa cobiza ninguen consigue nada.



Lucia Isla

1 comentario:

Supercurritos dijo...

Moi ben;tenta de meterlle ilustracións e quedará completo.
Felicidades Lucia.
Rosa