O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

domingo, 17 de octubre de 2010

Imos de vendima



A época da vendima é nos meses de setembro ou outubro segundo o clima do lugar.
É unha actividade colectiva,participando en grupos, dandose o caso que moitas veces os amigos ou veciños axudan nesta tarefa, facendoa así máis agradable e festiva.
En Galicia, unha das moitas vendimas que destaca é a da Ribeira Sacra, onde as pronunciadas pendentes do canón do Sil obrigan a cultivar as uvas en terrazas ou bancais.

Actividades:
Algunha vez participaches nunha vendima?
Se a resposta é afirmativa, conta nunha entrada do blog ou na túa libreta de aula as túas experiencias.

Investiga:
Nos vales interiores de Galicia adiántase a vendima a finais de agosto; sabes por que?

Sitúa nun mapa de Galicia o canón do Sil e a Ribeira Sacra

Sabes en que época histórica comenzáronse a cultivar as vides en terrazas e bancais na Ribeira Sacra?

Podes contestar a estas cuestións en entradas do blog ou na túa libreta de traballo de aula.

Páxinas interesantes:

Xerais
Ribeira Sacra
Vendima
Arte
Canón do Sil

Rosa R.A.

1 comentario:

Chus Álvarez dijo...

Ola, supercurritos. Escribo para felicitarvos polo blog. Seguide así, que facedes un traballo estupendo. Non deixedes nunca de debuxar, escribir e descubrir(nos) cousas novas, históricas ou así de interesantes. Parabéns para a vosa mestra, Rosa, e bicos grandes para tod@s.