O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

viernes, 22 de octubre de 2010

O magosto; o castiñeiro.

O CASTIÑEIRO
¿Cándo e ónde naceu o primeiro castiñeiro? ¿Cómo se chamaba o home que o prantou? ¿De ónde sacou a castaña? ¿Qué foi primeiro a castaña ou o castiñeiro?
Estas preguntas son absurdas, pero poden servir para despertar a nosa curiosidade.
Hai quen pensa que o castiñeiro é unha árbore propia, típica e exclusiva da Galicia dos séculos XIX e XX. Hai quen pensa que o castiñeiro foi "inventado" en Galicia fai varios centos de anos. .... E hai quen mira para un castiñeiro ... e non pensa nada.
Para que teñamos moitas cousas que pensar cando nos sentemos á sombra dun castiñeiro, vouvos a contar aquí algunhas cousas curiosas desta árbore.
I.- O castiñeiro no mundo
- O castiñeiro é moito mais vello que o home. Fai máis de 40 millóns de anos xa había castiñeiros na Terra. Cando apareceu por este Planeta o primeiro home (fai arredor de 2 millóns de anos) xa os castiñeiros levaban millóns de anos dando follas, sombra e castañas. O castiñeiro foi aparecendo no noso planeta como foron aparecendo as outras plantas, pouco a pouco, e por evolución de outras especies. Supoño que no principio había castiñeiro "bravos". E que o home primeiro lle aproveitou o froito tal como o daban, e logo foi descubrindo que uns castiñeiros daban millor froito que outros, e aprendeu a sementar castañas dos castiñeiros bos.
- Hai castiñeiros en Galicia. Hai castiñeiros en gran parte de Europa. E hai castiñeiros nas zonas templadas do Hemisferio Norte, nos continentes de Europa, Asia e América.
II.- O castiñeiro en Galicia
- Non se sabe con certeza cándo apareceron os primeiros castiñeiros en Galicia.
- Polo de agora aínda non se atoparon probas de que as castañas se usasen como alimento humano en Galicia antes do século I. Nos traballos arqueolóxicos levados a cabo nos castros galegos non se atoparon sinais de que os seus moradores comesen castañas.
- Os Romanos coñecían ben as virtudes do castiñeiro e o valor alimenticio da castaña, e foron espallando polos países que conquistaban as clases froiteiras de castiñeiros e as técnicas de cultivo que se empregaban en Oriente.
- Pode ser que en Galcia houbese castiñeiros espontáneos e non cultivados dende moi antiguo, pero que as variedades que dan boas castañas fosen introducidas polos romanos.
- En calquera caso, parece certo que o cultivo do castiñeiro procede de Oriente Próximo, de Transcaucasia, e que os gregos primeiro e os romanos despois contribuiron grandemente á difusión do cultivo do castiñeiro polos pobos que ían consquistando.
- En Galicia, a partires da romanización, o cultivo do castiñeiro foise extendendo hasta ocupar casi toda a rexión, convertíndose a castaña nun alimento básico. Pero no século XVIII foise extendendo o cultivo da patata e do millo, ocupando terras que antes tiñan castiñeiros, e dando lugar a un cambio de hábitos alimenticios: A castaña empezou a quedar en un lugar secundario, pasando a ter mais importancia na alimentación humana as patatas e os cereais. Esta sustitución da castaña pola patata explica que en algúns sitios ás patatas se lles camase "castañas da terra", e que aínda hoxe a unha leira de patatas se lle chame "castanal".
- A medida que se extendían os cultivos das patatas e dos cereais, o castiñeiro iba retrocedendo, refuxiándose no interior de Galicia. E no final do século XIX e no século XX este retroceso acentuouse como consecuencia da aparición da enfermedade da tinta.
O axente que produce a enfermedade xa non é tan virulento como a que se desarrollou a prantación de castiñeiros resistentes á tinta.
- Hoxendía a rexión de España na que hai mais castiñeiros é Asturias. Pero tamén hai moitos en Galicia, Cantabria, Navarra e Cataluña. No Pais Vasco había moitos pero nos derradeiros setenta anos case que desapareceron. No resto de España hai poucos.
- En Galicia as maiores masas de Castiñeiros atópanse actualmente nas montañas dos Ancares e do Caurel. Pero tamén podemos atopar soutos moi fermosos na provincia de Ourense, por exemplo na zona de Trives-Manzaneda (en Soutipedre e outros lugares), ou na zona de Laza (en Cerdedelo, en Correchouso ...).
III.- A lonxevidade do castiñeiro. Castiñeiros famosos.
- De tódalas árbores que hai en Europa o castiñeiro é a que mais anos pode chegar a vivir. O castiñeiro máis famoso do mundo está en Italia, na provincia de Catania, e dise que ten uns 3.000 anos. É a árbore viva mais vella de Europa. E cóntase que, estando por alí de visita Juana de Aragón, desatouse unha tormenta e a dita señora e todo o seu séquito formado por cen cabaleiros cos seus respectivos cabalos refuxiaronse debaixo da copa deste castiñeiro, que por eso se conoce como O CASTIÑEIRO DOS CEN CABALOS.
- En Galicia dise que o castiñeiro máis vello é o de os POMBARIÑOS, que está no lugar de Pombariños, moi próximo a aldea de Rozavales, na parroquia de San Martiño de Manzaneda, no concello de Manzaneda (Ourense). Para chegar a él vaise pola carretera que vai de Pobra de Tives a Manzaneda (pola Encomenda), tendo que percorrer ó final un pequeno treito a pe por bo camiño. Calcúlase que ten arredor de 1.000 anos. O seu pé ten unha circunferencia de 13,85 metros. Precísanse dez persoas adultas collidas das mans, cos brazos extendidos, para abrancar todo o seu contorno. É un castiñeiro sin terra (a propiedade do terreno onde está pertenece a unha persoa e a propiedade da árbore a outra, tendo ésta última un dereito de aproveitamento integral de todo o que dá o castiñeiro: castañas e madeira). Nos anos 90 do século XX a propiedade do Castiñeiro de Pomariños foi cedida á Xunta de Galicia.
- Tamén son sonados en Galicia os Castiñeiros de Quintela, que están na parroquia de Catasós, a tres km. de Lalín, na marxen esquerda da carretera N-551 que vai de Santiago a Ourense, dentro dun fermoso bosque formado por carballo e castiñeiros. Estes castiñeiros de Quintela ten arredor de 200 anos e destacan pola súa altura que nalgún caso sobrepasa os 30 metros.
- E tamén no concello de Laza (Ourense), na parroquia de Cerdedelo, hai un fermoso souto, no que hai varios castiñeiros centenarios, entre os que se atopa o castiñeiro das Millaras, que se pode ver na seguinte foto. É un castiñeiro deboucado, que ten varios centos de anos, que leva dado moita madeira, e que ainda da moitas e boas castañas.
No mes de agosto do ano 2003 este castiñeiro estuvo a piques de ser devorado por un incendio. O lume chegou moi cerca, queimando outros castiñeiros que vivían a non máis de cincuenta metros de distancia. Foi un atentado contra o patrimonio natural galego, que houbera sido máis cruel ainda se houbera matado tamén o Castiñeiro das Míllaras. O que non sabemos é se outro ano o lume voverá e levará consigo o corpo e a ialma desta vella testemuña da historia galega dos pasados séculos .
IV.- Os froitos do castiñeiro: ecoloxía, madeira e castaña.
- O castiñeiro ten hoxe un doble valor: - ecolóxico e económico.
Valor ecolóxico: As follas do castiñeiro caen, pudren, e fan solo, aumentando a capa de humus. Arredor do castiñeiro desenrólanse moitas especies vexetais. A castaña sirve de alimento a moitos animais salvaxes. A sombra dun castiñeiro é boa e fresca. E os soutos de castiñeiros dan lugar a paisaxes fermosas que enriquecen o patrimonio natural de Galicia. ¿Canto vale unha paisaxe?.
Valor económico: a madeira e as castañas.
.A madeira de castiñeiro é unha madeira noble, de indiscutible calidade: é boa, fermosa, e moi duradeira. En Galicia foi usada tradicionalmente para as vigas ou traves da casa, para pontós e táboas do piso, para facer armarios, chineros, cadeiras, escanos, mesas e bancos, para facer arcas e arcaces, .... Sempre foi unha madeira moi valorada pola súa longa duración, e por eso "os vellos" decían: "o castiñeiro é eterno". E a sua lonxevidade en bó estado refléxase no feito de que pode durar centos de anos sin podrecer e tamén no feito de que non a entra a polilla. É frecuente toparse con un mueble feito en parte de castiñeiro e en parte de outras madeiras e observar como as táboas que son de vidueiro ou pino están totalmente apolilladas e as que son de castiñeiro están intactas e non teñen nin un soio burato de polilla.
A madeira de castiñeiro foi tamén moi usada para traballos artísticos: esculturas, portas de eirexas, retablos, ... O baldaquino da nave central da catedral de Santiago e a sillería do coro están feitos con madeira de castiñeiro.
.A castaña sigue tendo importancia na alimentación: é certo que retrocedeu o consumo da castaña ó modo tradiccional; pero tamén é certo que a industria da castaña está cada día mais desenrolada, e que están aparecendo novas formas de consumo e comercialización da castaña: marron glacé, tartas de castañas, ...... A industria da castaña está tamén desenrolando formas novas de recollida da castaña (por medios mecanizados) e de conservación e manipulación da castaña (tratamento por inmersión en auga, desecación, fumigación, pelado por medios automatizados, conxelación das castañas peladas, ....).
- A castaña é alimento para moitos animais. Pero tamén é alimento para o home dende o Paleolítico; é un alimento básico para os pobos máis pobres, por eso en Francia se lle chamaba ás castañas "o pan dos pobres". Nos tempos en que non había patatas e os cereais andaban escasos, a castaña tiña moita importancia. (Lembremos que a patata procede de América e foi introducida en Europa por primeira vez -en Sevilla- no ano 1.557).
- O castiñeiro leva 40 millóns de anos vivindo niste Planeta e, seguramente, "mentras haxa Terra haberá castiñeiros".


Castiñeiro de Cededelo (Ourense)

Para máis información vai á seguinte páxina        
O CASTIÑEIRO

Actividades: fai o teu propio comentario do que acabas de ler

6 comentarios:

José dijo...

Pareceme increible que un castiñeiro poda vivir 3000 anos dame pena que se queimaran alguns no incendio do 2003,en cambio fasciname moito que os castiñeirosestiveran na terra antes que os homes.
Gustame moito a festa do magosto.

Tania dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Tania dijo...

Mmmmm... que ricas as castañas.
Paréceme estrano que os castiñeiros estivesen antes que os homes na Terra, é estraordinario que poidan vivir tantos anos e a vez que den todos esos anos castañas e depende da árbore poden estar máis ricas ou menos e poden ser comestibles ou non. Estou desexando que chegue o Magosto, é divertidísimo.

Alejandra. dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Alejandra. dijo...

É increible que o castiñeiro máis antigo ten 3.000 anos. Grazas a el as persoas pobres tiñan un alimento para sobrevivir.
Encántame o Magosto.

Celia dijo...

Paréceme incrible e fascinante que o castiñeiro estivera na terra dende hai uns 40 millóns de anos. Tamén paréceme asombroso que os castiñeiros de Quintela teñan arredor duns 200 anos e midan uns 30 metros.E que o castiñeiro máis lonxevo teña uns 3.000 anos.
¡Estou desexando que chegue o magosto¡
Celia Jáudenes López