O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

lunes, 21 de febrero de 2011

Leonardo Da Vinci

Nacín en 1452 en Vinci, Florencia. Son arquitecto, pintor, escultor, enxeñeiro e inventor.

Teño unha vida social bastante boa, xa que os reis comerciantes e banqueiros convertéronse en mecenas que contratan e protexen aos artistas.

Gústame moito o arte, e un dos meus mellores cadros e a Mona Lisa tamén chamada Gioconda que acabei en 1503. Tamén fago debuxos de animais fantásticos como unicornios e dragóns.

O meu soño é construír unha máquina voadora, ainda que tiven varios accidentes ao probala.

Estudio anatomía ainda que a igrexa non o permita, e fago os traballos polas noites no cementerio.

Fago moitas armas de cabalería.

Xá son vello e o meu brazo dereito non responde de sí. Agora só fago manuscritos, diseños... coa man esquerda. Neste momento (1519)estou a vivir  en Amboise (Francia).

Tania Otero

No hay comentarios: