O día 20, fumos a realizar un tramo do Camiño de Santiago, dende Furelos ata Ribadiso, no que eu divertinme moito. Ao comezo, non sabía con quen estar, pero pronto funme co meu mellor amigo, e unha amiga.
A medida que camiñábamos, ibamos falando de distintas cousas. Chega a parada para merendar, e nos tomamos unha mazá e uns frutos secos, que son moi bos.
Seguimos: non quedan máis paradas, temos que agardar ata as 14.30 h aprox, que é a hora a que chegaríamos ao merendeiro. Xantamos tortilla e bisté, e logo falamos un pouco. Un compañeiro que estaba preto a nós, escoitounos dicir que unha nena estaba cambiando, e algunhas cousas máis, pero el chamou a esa nena e llo contou todo, ademáis de dicirlle que lle insultaramos e que non a respetamos, cousa que, por suposto, non fixemos. Logo, tras seguir falando do ocurrido, tivemos que voltar, e todos estabamos enfadados.
Por sorte, hoxe xa está todo practicamente arranxado, polo que todo vota a ser normal.
2 comentarios:
¡Buf!,fue agotador y aún encima, después de comer,me senté en una roca cerca de una presa y me mojé el pantalón.
Publicar un comentario