O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

sábado, 7 de mayo de 2011

Vilanova dos Infantes

O próximo mércores, día 11 de maio, unha das paradas máis interesantes que faremos na nosa visita a Celanova:

Vilanova dos Infantes


O núcleo constitúe un interesantísimo conxunto urbano, tamén de características únicas como burgo medieval, no camiño desde Ourense cara a Portugal, a menos de dous quilómetros de Celanova.
O principal elemento histórico que identifica a Vilanova dos Infantes, á vez que a súa configuración urbana de probable orixe e estrutura castrexa, é o seu antigo castelo, do que conserva a torre da homenaxe. Cunha procedencia común ás das demais fortalezas xurdidas ao redor do século XII en Galicia, durante moito tempo pertenceu -e con el a vila- ao mosteiro de Celanova.

Derrubado parcialmente, como outros tantos, pola revolta "irmandiña" de mediados do século XIV, posteriormente sería reconstruído e a mediados do século XVI contaba entre as fortalezas destacadas do sur de Galicia, sendo tamén unha peza de referencia nas posteriores loitas fronteirizas con Portugal.

No hay comentarios: