Hola, eu son Lois, e son un burgués que posuía unha industria a comezos de século XIX.
Os burgueses somos as persoas que posuímos os cartos suficientes para poder invertir na creación de novas industrias, nos medios de transporte ou en diferentes actividades.
Eu, e todo-los burgueses somos persoas con cartos, non coma os meus obreiros, que traballan moito para construír os meus proxectos. Eu vivo dos cartos que produce a miña industria ao fabricar edificios.
Agora, as formas de vestir e de lecer son distintas a antes. Todos vestimos moi ben e imos a moitos banquetes. Tamén imos aos cafés, teatro, e sobre todo, á ópera.
Eu teño unha gran casa, cun soto e tres plantas, e teño unha criada que me fai as labores da casa.
Todos os burgueses reunímonos moi a menudo na miña cidade. Por certo, vivo en Madrid.
No hay comentarios:
Publicar un comentario