O noso cole
lunes, 30 de mayo de 2011
Ilustración
A Ilustración é a corrente intelectual de pensamento que dominou Europa no século XVIII baseada no corpo doutrinal dun grupo de filósofos, na súa maioría franceses, que facía énfase na razón e na ciencia como formas de explicar o universo. Foi un dos movementos impulsor do capitalismo e da sociedade moderna. Tivo unha dinámica rápida nos países protestantes e máis lenta nos demais estados da Europa. O pensamento partía do suposto que o ser humano nacera para ser feliz, de que a razón humana era capaz por si soa de acadar a verdade e dos principios fundamentais da teoría de John Locke e a partir de aí os filósofos ilustrados propuñan unha nova forma de Estado que garantizase a libertade, seguridade e prosperidadee que, como consecuencia fose representativa e non totalmente dependente da vontade do monarca.
Manuel
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario