Moi ben, moi bos traballos os vosos; xa sabedes moitísimas cousas sobre os 22 rapaces coruñeses e Balmis.
Agora interésame que o vexades como un exemplo de home con mentalidade propia da Ilustración. Fixadevos ben por qué:
No ambiente ilustrado que lle tocou vivir é onde podemos situar no seu contexto máis acertado ao doutor Francisco Balmis.
A súa vida responde claramente aos principios ilustrados:
Racionalismo : fe constante na razón humana. Era a razón humana quen levaría a un progreso ilimitado da humanidade.
O médico alacantino Francisco Javier Balmis empregou os seus coñecementos para salvar á humanidade das terribles epidemias de vexigas.
Empirismo: A experiencia como base para o coñecemento da realidade.
Balmis, nas súas viaxes por Méjico, comprobou os beneficios de certas plantas que utilizaban os chamanes e, desligándlas dos rituais máxicos cos que eran aplicadas, trouxoas a España.
Anhelo de coñecemento: O ilustrado sente un enorme desexo de coñecer o mundo onde habita, pero tamén de dar a coñecer o aprendido.
No século XVIII atopámonos nun momento de difusión das ideas. Balmis, non foi o descubridor da vacina, pero levouna ás colonias de ultramar e difundiu libros que trataban o tema da inoculación.
Utopismo: A aplicación da razón a todos os aspectos da vida humana permitirá unha mellora constante da sociedade.
Preténdese construír unha sociedade mellor e Balmis e o resto da expedición non dubidaron en arriscar a súa saúde e a súa seguridade en beneficio da humanidade.
Progreso e felicidade: Fronte ás reticencias anteriores, a ilustración exalta a felicidade humana.
En resumo:
A fazaña científica e humanitaria do español Francisco Javier Balmis, quen, armado coa vacina contra as vexigas, salvou centos de miles de vidas en América e Filipinas hai dous séculos, segue fascinando aos historiadores. O extraordinario do caso levou ao estudioso estadounidense Tom Colvin a lembrar a fazaña durante un acto organizado polo Instituto Cervantes de Manila, no que se analizaron os pormenores dunha das primeiras rutas da solidariedade nos tempos modernos. A partir das súas investigacións, Colvin non dubidou en cualificar de "asombrosa" a iniciativa que en 1803 uniu a Balmis, ao rei Carlos IV de España e a 22 nenos do Colexio de Expósitos da cidade española da Coruña, quen actuaron como cobaias humanas. Tratábase de erradicar unha enfermidade que mataba ou incapacitaba á poboación das colonias españolas, a pesar que para entón o británico Eduard Jenner xa descubrira ao mundo a vacina contra as vexigas. Colvin mantén que a xesta non sería posible fora do contexto da Ilustración, da que Balmis era fillo directo. Actualmente o investigador español é reverenciado por científicos consagrados como Manuel Patarroyo.
Felicitacións polos vosos traballos sobre o tema.
A profe
Rosa R.A.
No hay comentarios:
Publicar un comentario