O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

lunes, 23 de mayo de 2011

Viaxe a Celanova

O pasado mércores, día 11, os compañeiros do terceiro ciclo, fumos a Celanova.
Saimos no autobús ás 8.15 h da mañá, dende o noso cole, e tras pasar por un bar para facer un descanso, chegamos ás 11.30 h.
Ao chegar, dirixímonos ao novo Auditorio, inaugurado hai un mes, para ver unha curtametraxe sobre a vida de Curros Enríquez. Logo, fomos á Casa dos Poetas, onde naceu e viviu Curros ata a súa xuventude. Tras esto, dirixímonos ao Mosteiro de San Rosendo, a realizar o Concerto Didáctico do que tanto se falou.A profesora de Órgano do Conservatorio de Ourense, explicounos moito sobre o órgano, e logo tocou connosco as tres cancións que levamos ensaiando un tempo: Pasacorredoiras de Fonsagrada, A Herba de Namorar e Sumer is incumen in. Eu pensoque saíron mellor do agardado.
Ás dúas, chegamos ao Merendeiro da Virxe do Cristal, e tras xantar, vimos uns títeres, que eran sobre a obra de Curros, A Virxe do Cristal.
Máis tarde, falamos cuns nenos doutro colexio, e deseguido, dirixímos cara Vilanova dos Infantes, subimos á torre, e ao baixar, unha compañeira, tres profes e eu, perdímonos tras sacar unhas fotos, porque o grupo iba moi rápido, e tardamos un bo caho para atopalos. Finalmente, tras atopalos, fumos ao Castro de Castromao, que era moi grande e bonito. Galicia é xenial en canto aos Castros.
Ás 18.30 h subimos ao autobús para vir cara A Coruña. Paramos no mesmo sitio, e chegamos sobre as 21.45 h.

1 comentario:

pamela dijo...

Me ha gustado mucho el viaje a Celanova.
Me gustó mucho la parte en la estuvimos tocando la flauta y no paré de preparar las canciones antes de ir allí.
M encantó también cuando fuimos al castro.
En resumen, me gustó esta salida.



PAMELA.