O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

sábado, 28 de mayo de 2011

A Guerra de Independencia en Galicia: Pontesampaio




Monumento aos heroes de Pontesampaio
Esta segunda entrada refírese máis a unha defensa popular, das xentes de Pontesampaio (Pontevedra)
A profe.

Tras a batalla de Elviña, nas proximidades da Coruña, o mariscal francés Ney, recibe ordes de controlar o norte galego e Asturias,
para o que centra a súa guarnición en Lugo. Vanse organizando "alarmas" populares nas comarcas galegas. En marzo de 1809, Ney trata de someter a costa occidental galega, sen conseguir
acabar coas partidas de guerrilleiros que acosan os destacamentos franceses. Xa a fins de marzo dese ano recuperáronse polos galegos as prazas de Vigo, Pontevedra e Tuy. Ney parte cara a Pontevedra e Vigo con intención de recuperar as cidades. Ney sae da Coruña, pasando por Santiago. Levaba con el uns 8.000 infantes e 12.000 xinetes, con 13 canóns. Era unha acción anunciada pois fixera publicar bandos sobre as súas intencións. As forzas regulares españolas, ao mando do conde de Noroña esperaron o avance de Ney en Ponte Sampaio, que era o paso obrigado no camiño entre Pontevedra e Vigo.
Ás forzas do conde uníronselle diversos batallóns de milicias populares das comarcas próximas e mesmo de lugares apartados como Lemos. Foron defendidos as dúas pontes, o de Caldelas, baixo o mando de Pablo Trasfogueiro e a propia de Sampaio, polo mesmo conde de Noroña.
O día 7 de Xuño de 1809, as tropas de Ney avistaron ao inimigo. Tentouse tomar a ponte de Sampaio en sucesivos ataques frontais que foron rexeitados. Buscaron os franceses entón vaos apropiados no rio Oitavén, pero os ataques foron infrutuosos unha e outra vez. As tentativas sobre a ponte de Caldelas, mostraron a mesma determinación dos españois. Finalmente, o día 9, Ney xulgou polas perdas que serían inútiles novos ataques polo que deu a orde de retirarse a Santiago. Ao retirarse ambos os xenerais de Galicia, en dirección a Madrid provocaron un verdadeiro reguero de sangue e pillaxe. No seu camiño víronse atacados polas partidas guerrilleiras, de despedida imos. Cando ao saír de Galicia xúntanse ambos, só quedan 17.000 dos 55.0000 homes con que chegaran en xaneiro de 1809.

No hay comentarios: