O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

jueves, 26 de mayo de 2011

A miña vida como obreiro.

Hola, eu chámome Fernando e son un obreiro, e vouvos falar da miña vida.
O meu traballo é traballar nas fábricas máis de doce horas diarias; aos meus compañeiros e a min páganos moi pouco. Ademáis teño unha familia, todos traballan nas fábricas, pero os seus salarios é menor que o meu.
Eu vivo nunha rúa estreita e suxa, a miña vivenda é pequena, nós non comemos moito por falta de diñeiro, algúns compañeiros seguen vivos, pero moitos morreron por fame. Pero agora, entre todos os obreiros creamos o sindicato, xa non traballaremos moitas horas, aumentaron os salarios e regularon o traballo infantil, todo mellorou.

Fernando Montoya

No hay comentarios: