O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

domingo, 31 de enero de 2010

O río Limia e as lexións romanas

O río Limia, ao seu paso pola comarca de Xinzo, é tamén coñecido como Río do Esquecemento, ou río Lethes, que lle chamaban os romanos. Os antigos habitantes prerromanos dicían que a quen o cruzaba esquecíaselle todo. Cando as lexións romanas se achegaron á comarca da Limia cando invadiron Iberia, correu a voz entre as tropas do problema que ían ter se cruzaban o río. Segundo se di, negáronse a facelo e foi polo que un dos centurións Decimo Xuño Bruto tivo que armarse de valor e cruzalo primeiro pra que o resto dos soldados se atrevesen a facelo. Unha vez na outra orilla, chamou a cada un po lo seu nome pra amosalle que non se esquecera, e asi empezaron todos a cruzalo.
Manuel


No hay comentarios: