Pode que o maior espectáculo que os nosos ollos poidan recibir é a contemplación do ceo.
O pequeniños que somos en comparacióncon él. Cada puntiño de luz dos que vemos é moito máis grande do que nós vivimos. O ceo cando e de noite amosa moitas luceciñas que as veces parpadean. Unhas teñen luz propia e outras alumean grazas ó refrexo das outras. Cando vexades o ceo, preguntade os nomes das estrelas e se queredes buscade información. Poderedes ver a Orión ou a Arado, un grupo de estrelas que leva un cinto ao redor da cintura formado por tres estrelas aliñadas chamadas "As tres Marías".
Tamén hai un grupiño pequerrecho de varias estrelas, todas xuntas, chamadas "Pléiades" (significa grupo ou conxunto) tamén chamado "Setestrelo" pois sete son as estrelas que mellor se perciben. Din que forman a figura dunha galiña que choca ovos. Outros din que se ven os castros galegos coa presencia de grandes tesouros que deixaron hai miles de anos os mouros.
Outro grupo de estrelas, que se as unides por unha suposta liña, vese un cadro coa súa cabezalla.
Ó primeiro golpe, sete delas forman "O Carro Maior" ou "Carro das Estrelas" da constelación "Osa Maior".
Se mirades mellor veredes outro carro pero máis pequeño chamado "Carro Pequeno" ou "Carro Menor" formada por varias estrelas, a principal é amarela chámase "Polaris e sitúase no Norte e é oito veces máis grande có Sol.
Tamén hai outras cuns nomes moi curiosos: "A Estreliña Lumieira", "Estrela Panadeira", "O Luceiro", "Estreliña da Fartura", "Estrela da 5 Claridade", "Estrela da Mañá"...,a maioría destes nomes refírense a Venus que na nosa tradición é signo de abundancia e fartura si se ve ir cara a Galicia.
Tania
Tania
No hay comentarios:
Publicar un comentario