O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

domingo, 7 de noviembre de 2010

Un canto entre cogumelos.

UN CANTO ENTRE COGUMELOS


Unha cantante de ópera ía cuns amigos no seu veleiro, ela ía lendo unha gaceta musical que lle interesaba moito para mellorar a súa voz. Cando xa chegaron, suxeitaron o veleiro á driza. Un amigo seu, que é moi membrudo, axudoulle a baixar como un vurullo.
Cada un dos seus amigos e mais ela colleron un cabaz do veleiro e foron por un camiño para apañar setas. A cantante ía diante cantando cun canto de salmodia e un ton que parecía de salouco, pero de repente pareceulle encontrar un cogomelo xigantesco, pero non foi así, era un vómer, debía ser o de un animal.
Cando xa estaban chegando viron un animal ao lonxe que parecía que cada vez se achegaba máis a eles, tiña uns cornos moi grandes e o corpo inmenso, quería darnos un repotón, pero conseguimos escapar grazas a que o animal caeu dolorido por un anaco de bisel que cortou unha pata do animal.

Manuel

No hay comentarios: