Logo de moito esperar
esa noite xa chegou,
imos cara a montaña
xuntos cal constelación.
Vai o satélite conmigo
o meu cativo irmán,
eu prefería un amigo
ter un planeta de man.
Ver as estrelas no cume
deitado sobre a herba
ulindo o seu perfume.
Isto de mirar o espazo
acompañado, mola mazo.
1 comentario:
Está moi ben Manuel ademáis é verdade o de mirar o espazo acompañado mola mazo.
Publicar un comentario