O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

martes, 30 de noviembre de 2010

das estrelas , tradicións do ceo

         DAS ESTRELAS , TRADICIÓNS DO CEO

Probablemante o maior espectáculo que os nosos ollos poidan ver se produce cando , cunha mirada sosegada , observamos esa inmensidade que temos enriba das nosas cabezas .
A contemplación do ceo advírtenos do pequeniños que somos en comparanza con aquilo que tan diminuto semella ós nosos ollos .
Cada puntiño de luz dos que vemos é moito máis grande que o planeta no que nós vivimos .
Pola noite amosa miles de luceciñas que parpadexan ou non . Unhas teñen luz propia e outrasalumean grazas ó reflexo das compañeiras.
Algunhas forman figuras é , se as enlazamos cunha liña imaxinaria , configuranse en grupos que logo podemos recoñecer .
Hai un grupiño de estrelas que que se chama " Pléiades " tamen coñecidas como "Setestrelo" . Contan delas os vellos que forman a figura dunha galiña que choca os ovos . Outros din que esa galiña cos pitos se reflexa na terra e que anuncian a presenza de grandes tesouros que deixaron hai miles de anos os mouros .
Existen moitas contelacións de estrelas , espero aprendémelas todas .

      OMENTARIO : 

Gustoume moito este artículo prque creo que é fantástico poder ver as estrelas . E sobre todo esa sensación  de inmensidade ao ver todo o espazo ó teu redor .
adouro a astronomía o que máis me gusta dela é poder poñerlles nomes as estrelas é aprenderme os seus nomes , é moi divertido , ademáis este artículo aportoume información  que eu non coñecía como a historia das Péiades . 
É ati ,  gustache a astronomía como a min?

ALEXA TATIANA  .

No hay comentarios: