O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

martes, 9 de noviembre de 2010

Corme (Rafa y Nerea)




É Corme Porto do concello coruñes en Ponteceso. No 2004 tiña 1.289 habitantes (654 homes e 635 mulleres) e no ano 1999 cando contaba con 1.434 habitantes. Os asentamentos humanos nos arredores de Corme datan de tempos prehistóricos, como demostran os petróglifos que abundan na zona. A chamada cultura castrexa tamén deixa pegadas dos seus asentamentos en lugares como o Castro da Illa dá Estrela. O nome de Corme propiamente dito aparece nun documento do Mosteiro de Caaveiro datado en 1105.
Corme é un lugar ou mellor dito unha vila bastante grande, ten porto, ten montañas e tamén moitas casas.
Hai moitas festas tradicionais: o dia do Carmen, a festa do mexillón, festa do percebe, san Roque, nosa señora do Faro, etc.

O clima
Climatoloxicamente presenta grandes similitudes aos concellos da área, con húmidos días no inverno por mor da sua cercanía ao océano. Disfruta de un clima oceánico con choivas abundantes nos meses de novembro e decembro, sendo os meses máis secos os do verán. As precipitacións estan no rango dos 945-1.748 mm anuais e temperaturas medias de 12,4-14,5ºC. Polo tanto, esta suave climatoloxía permite gozar da súa natureza, as súas paixases, as praias e de máis atractivos do Concello nas catro estavións do ano, cada unha cunha climatoloxía diferente.

1 comentario:

Supercurritos dijo...

Bieeen, Rafael, sigue así.
Rosa R.A.