Judas Priest incluiu A Coruña dentro do elenco de cidades que poderán disfrutar de Epitaph, a sua xira de despedida. Será o próximo 29 de xulio no Coliseo e supoñerá unha das últimas veces que o mítico grupo de heavy metal subirá nun escenario. O carácter histórico da actuación acrecéntase aún máis coa súa parella de acompañantes británicos. Trátase doutros imprescindibles do xénero, Motorhead, e un clásico menor pero moi querido pola "parroquia" heavy, Saxon.
Esta tripleta preséntase como un dos eventos estrela do ano para os seguidores deste tipo de sons a nivel internacional.Judas Priest, actuaron na Coruña no ano 2005 xunto a Barón Rojo. Entón reuniron a 7.000 persoas que se entregaron aos valores do grupo:
Metal de poso cásico, presidido pola voz andróxina de Rob Halford (líder do grupo Judas Priest) e servido coa habitual parafernalia de coiro, tacholas e estética motera. Nada fai prever que nesta ocasión as cousas sexan diferentes. É mais o público, a bo seguro, buscará exactamente iso.
Fernando Montoya
No hay comentarios:
Publicar un comentario