O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

martes, 8 de febrero de 2011

Un aniversario de sustos

UN ANIVERSARIO DE SUSTOS
Un día pola mañá despois do cole, un amigo convidoume á súa festa de aniversario. As súas festas son as mellores.
Compreille un regalo que para min parecíame bastante decente, era un libro ofioloxía porque a el lle encantan as serpes.
Un par de horas antes do aniversario parei para observar a invitación. Vin que se celebraba na rúa Sinistra, pero el non vivía alí. Nesa rúa só había unha casa enorme, a Casa do Terror con dous capiteis que sobresaían da columna con debuxos terroríficos, como por exemplo, un zuro monstruoso. Tiña un canzorro moi grande no balcón, onde a moitedume dicía que desde alí suicidouse a señora que vivía alí; por certo, a señora non lle gustaba nada pola súa calva e polo horrenda que era a súa cara.
Xa chegou a hora do aniversario e todos os invitados estabamos alí esperando ansiosos ás portas da mansión. De súpeto, unha voz grave e alta díxonos que entrásemos dentro do edificio. Un segundo despois apareceu unha pantasma xigante que parecía feita con cripton e de seguida deducín que era un calote de mal gusto do meu amigo.

Manuel

No hay comentarios: