O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

domingo, 13 de febrero de 2011

Concursamos!

O venres, día 11 de febreiro, viaxamos a Vigo para grabar a  participación do terceiro ciclo de primaria do noso Centro, no programa Xiz de "V televisión". Non temos imaxes da grabación, xa que non nos permitiron facer videos nin fotos nos estudios.

As compañeiras de 5º fixeron unha moi fermosa pancarta...
 Concursamos xunto co CEIP "O Fogar" de Carballo. A intervención de André de 5º, e Miguel de 6º foi moi boa, pero pensamos que valoraron excesivamente unha intervención de Karaoke dos alumnos de Carballo ( aos que hai que felicitar deportivamente), xa que nas probas culturais íamos diante durante a primeira parte do concurso.
... para animar a André e Miguel




Viva Curros!

Noraboa a André e Miguel, xa que o fixeron moi ben.
O programa emitirase o próximo día 3 de maio.

No hay comentarios: