O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

martes, 1 de febrero de 2011

O RENACEMENTO

O RENACEMENTO
O Renacemento é un movemento cultural da E
uropa occidental, nos séculos XV e XVI, nado en Italia. Básease nas ideas do humanismo, inspirado este na Antigüedade Clásica (grega e romana). O humanismo fixo que o pensamento en lugar de xirar en torno a Deus ( Idade Media), se centrase no Home, de aí o seu nome: Humanismo.

O Renacemento coincide co inicio da Idade Moderna. Uns dos renacentistas máis importantes son:

- Miguel Servet, científico. Estudou a Biblia, matemáticas, astronomía, ..., pero a súa fama d
ébese ao seu traballo sobre a circulación pulmonar. Morreu na fogueira.

- Nicolás Copérnico, astrónomo polaco.
É coñecido polo seu traballo revolucionario en que dicía que o Sol é o centro do Sistema Solar.

- Johannes Gutenberg, impresor alemán que inventou en E
uropa (en China e Corea xa a usaban) a imprenta. O primeiro libro que imprimiu foi a Biblia.

- Leonardo da Vinci, pintor, arquitecto, enxeñeiro, científico e escultor italiano. Era un pintor compulsivo. A súa obra máis coñecida é A Gioconda. Non se conserva ningunha das súas esculturas.
Como enxeñeiro deseñou unha p
onte que se fixo en 2001 en Noruega; tamén un helicóptero, un tanque e un submarino.
Manuel

No hay comentarios: