A ONU propuso adicar este ano a : os bosques, a química e o alzhéimer.
Os bosques: especialmente á loita que se mantén dende hai tempo en contra da desertificación en países afectados por sequía grave en África, mentres que lembra a importancia que teñen os bosques para a erradicación da pobreza e o desenvolvemento da economía dos pobos.
A química: outro ano internacional para unha maior concentración da importancia da química nas necesidades vitais das persoas e a proposta de que os xóvenes orienten os seus estudios nesa especialidade.
O alzhéimer: noutro rango de propostas, recollemos o eslogan das fundacións "Pascual Maragall" e "Reina Sofía" elexidos este ano: "2011, ano da investigación do alzhéimer";. Á proposta uníronse o Ministerio de Ciencia, o de Sanidade e o de Economía e Facenda, máis outros organismos.
Según a nota facilitada, no mundo hai 24 millóns de persoas con alzhéimer, cifra que en España diminúe a catrocentas mil persoas.
Lois Rivera López
No hay comentarios:
Publicar un comentario