O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

miércoles, 12 de enero de 2011

Lago Titicaca

Hai moito tempo había un val fértil rodeado de montañas, que hoxe encontraríase no do sur de Perú e no norte de Bolivia.


Alí habitaban persoas felices. Os Apus, deuses das montañas, dábanlle todo o que necesitaban e os protexía dos perigos e da angustia, sempre cando cumpriran a única norma: non escalar a montaña onde ardía o fogo sagrado.


O demo farto de ver tanta felicidade incitou as persoas para que pelexaran entre eles, co tempo daríase conta de quen e o máis valente, e dicir, a persoa que desobedecera aos deuses subindo na montaña prohibida.


Un día os homes decidiron subir a montaña, os Apus sorprendéronlles pola metade do camiño e decidiron exterminalos, os pumas da montaña saíron das súas covas e atacáronlles.


As persoas pediron axuda ao demo, pero non os axudou porque conseguiu o que quiro.


Inti, o deus do sol, observou todo desde o ceo. Púxose tan triste que choro durante 40 días, todo o val inundouse e só sobreviviron unha muller e un home, ao espertarse viron un gran lago e tamén os pumas convertidos en pedra.

Estas dúas persoas chamaron ao lago Titicaca, porque significa Panda de Pedra.

Alejandra Vera Echegaray

No hay comentarios: