As illas Molucas ou illas das Especias son un arquipélago de Indonesia, a súa cidade principal é Ambon.
Estas illas fixéronse famosas durante os séculos XV e XVI, cando portugueses, españois, ingleses e holandeses combateron para controlalas, debido a que delas obtíñanse especias que necesitaban en Europa.
Teñen 632 illas que están entre Indonesia e a illa de Nova Guinea, chamada Wallacea. Encóntrase emprazado no coñecido Cinto de lume do Pacífico, frecuentemente afectadas por movementos sísmicos.
Os poboadores son unha mestura de austronesios, indonesios, malaios e papúas. Algunha xente das illas ten sangue portugués pola colonización portuguesa.
Os árabes introduciron o Islam nas Molucas dende a Illa de Xava, no século XV. O catolicismo apareceu no século seguinte cas misións portuguesas. O 55% da poboación das illas Molucas eran musulmáns no ano 2000.
Manuel
No hay comentarios:
Publicar un comentario