Estaba nun campamento de verán, era a hora de durmir, e todos nos durmimos ao momento. En metade da noite, puxenme a camiñar, era noctámbula! ao espertar, entristecinme moito, perdérame! choqueime cunha abelleira da que sairon miles de abellas. Elas ensinaronme a suas costumes. Iso, viñome moi ben, xa que o meu campamento era apícola. Ensinaronme o baile da abelliña, como facian o mel, e onde están as mellores flores. Dixéronme que a contaminación estaba estropeando o seu habitat. Eu avisei ao meu monitor de campamento en canto o encontrei. Fixo que o bosque fose zona restrinxida. E as abellas viviron felices. O mel volveu brotar dos panais coma se fose lactosa. As abellas gritaron:
-Lucía, Lucía... -bailando ao meu redor.
Pero de súpeto oín:
-Lucía, esperta!, Lucía...
Nese momento espertei. Un sentimento de tristura invadiume ao darme conta de que todo fora un sono nocturno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario