O NENO DO PIXAMA A RAIAS, do escritor irlandés John Boyne, está a ser un éxito editorial. A editorial Factoría K o ten traducido ao galego e publicado dentro da súa colección "Narrativa K".
Trátase dunha novela na que paso a paso nos imos adentrando nun mundo visto desde ollos dun rapaz de nove anos, ao que acompañamos seguindo a seu pai a un novo traballo, coñecendo lugares “diferentes” e amigos … nun medio extraño –por chamarlle dalgunha maneira- que el traduce á súa candidez.
Un libro que admite varias lecturas, que lles gustará aos máis grandes e aos que non o son tanto; un libro dos que anima a ler porque, coma nun cofre, gárdanse eses tesouros que nos fan amar a lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario