O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

jueves, 30 de diciembre de 2010

Repaso de nocións históricas

Patrimonio ArqueolóxicoO patrimonio arqueolóxico está formado por aqueles lugares que conteñen restos de actividade humana do pasado. Estes sitios arqueolóxicos denomínanse xacementos, e pódenlle resultar evidentes ó observador (castros, mámaos, dolmens e petroglifos) ou só detectables con metodoloxía especifica (poboados prehistóricos, campamentos, determinados enterramentos, lugares culturais…).
O patrimonio arqueolóxico inclúe ademais dos elementos prehistóricos ou de época romana e medieval, os lugares de épocas máis recentes achegadas a nós, que sexan susceptibles de seren estudiados con metodoloxía arqueolóxica como poden se-lo elementos industriais, que inclúe restos de factorías industriais e preindustriais ou etnográficos. No ámbito urbano emprégase a metodoloxía arqueolóxica en lugares onde existe unha ocupación do espacio continua e onde os elementos patrimoniais arquitectónicos construídos e utilizados hoxe en día poden agochar ou conter elementos patrimoniais arqueolóxicos. Os xacementos arqueolóxicos que fican baixo as augas son obxecto da actividade arqueolóxica subacuática, e pode tratarse tanto de barcos afundidos como incluso de depósitos que orixinariamente estaban en terra e que arestora están baixo as augas.

Mámoas e Dolmens




Dolmen de

"A Pedra da Arca".

Vimianzo (A Coruña)

O megalitismo é un fenómeno cultural que xorde en Galicia sobre o 4500 a.C; neste momento xeneralízanse enterramentos colectivos en grandes sepulcros de pedra (antas ou dolmens) cubertos por un túmulo ou mámoa realizado con terra e tapado por unha coiraza de pedra, aínda que moitas veces as mamaos carecen de anta, ou dolmen.
TÚMULO ou MÁMOA. En Galicia tamén son coñecidos coas denominacións de mámoas, medoñas, medorras, tumbos, modias, minas, vedros, medas… Son moreas de terra, ó xeito de pequenas elevacións sobre o terreo, que sinalan e delimitan o lugar de enterramento dunha ou de varias persoas.
En canto ós elementos constituíntes, ademais da morea de terra, convén apunta-los que seguen:
Anel lítico, círculo pétreo de cerramento do espacio funerario e do túmulo.
Coiraza, recubrimento pétreo da mámoa realizado con croios de seixo ou con laxes cuidadosamente dispostas. Adóitase dispoñe-las pedras de maior tamaño na parte máis baixa do túmulo.


ANTA. Tamén coñecido como dolmen, é un monumento funerario construído con grandes laxes de pedra. As laxes, denominadas esteos ou chantos, son fincadas no chan e sobre elas van colocadas outras, deitadas a xeito de teito. Esta estructura conforma o que coñecemos como cámara funeraria.
Estes conxuntos megalíticos reciben en Galicia outros nomes como arca, arquiña, anta, antela, pedra da moura, forno ou casa dos mouros, pedra de arca...
Existen diversos tipos de antas segundo a súa construcción:
Sepulcro simple: é un recinto de planta poligonal, pechado ou cun pequeño van, feito de laxes verticais e cuberto por unha gran lousa. É a solución máis xeneralizada.Sepulcros de corredor: realizados cunha cámara de forma semellante a un dolmen simple, ó que se lle engade un corredor de paso á cámara funeraria.

Cistas: a xeito dunha arca escavada no chan, feita con pedras máis pequenas. En xeral son de planta rectangular, pero no megalitismo galego estas solucións son máis escasas.


Petroglifos




Petroglifo Monte

dos Mouchos.

Rianxo (A Coruña)

Os petroglifos son gravados rupestres realizados sobre grandes rochas ó aire libre, os prehistóricos realízanse por fricción sobre a laxe, mentres que os de época histórica posúen sucos realizados cuns obxectos afiados e aguzados.
De xeito, os petroglifos inclúense na Idade do Bronce, e representan tanto elementos figurativos como abstractos, reflicten así o mundo físico e das ideas propio da cultura dos seus creadores.
Presentan unha ampla gama de motivos, nos que predominan as cazoletas, tamén chamadas coviñas, a modo de pequenos ocos escavados nas rochas. Outras representacións son as combinacións circulares, de solucións moi variadas; as espirais e laberintos; os animais do tipo de cervos, cabalos ou serpes; as figuras humanas, armas, cruces, etc.


Castros




Castro de Baroña.

Porto do Son (A Coruña)

Un castro é unha aldea fortificada mediante murallas e foxos. Teñen o seu inicio a finais da Idade de Bronce, na transición á Idade de Ferro (S.VII a.C), pero co paso do tempo van mudando a súa fisionomía e van evolucionando durante a Romanización. Nalgúns casos perviven ata a cegada dos suevos.
A cultura castrexa posúe uns límites espaciais e temporais máis determinados: abrangue o ámbito territorial do noroeste da península e establéceselle unha duración dende o século VII a.C ata fins do século I d.C. A cultura castrexa implica de seu un conxunto material de construcción, de útiles e instrumental, e de manifestacións plásticas vinculados a ese tipo de asentamento: cerámica, ferramentas, ornamentos, etc.

ESTRUCTURA
O núcleo central do castro (croa) é un recinto habitacional, xeralmente de forma oval ou circular, fortificado e protexido por un sitema defensivo que pode contar con varias liñas de fortificación. Este sistema defensivo habitualmente combina murallas, foxos, parapetos e terrapléns. Este núcleo pode complementarse co chamado antecastro, que é unha plataforma, tamén fortificada, que amplía a superficie do castro e que pode ter funcións moi diversas.

No hay comentarios: