Agora vouvos contar miñas vacacións de Semana Santa:
Saimos de viaxe o venres cara Madrid, alí pasamos a noite. O día seguinte recollimos a Alvaro o fillo de Miguel, a parexa da miña nai e fumos rumbo a Fuengirola,onde comenzarían as nosas verdadeiras vacacions.
Fuengirola ten un paseo marítimo cun pequeno muro branco que separa a praia da beirarrua onde Álvaro e mais eu xogabamos a pelexas para ver quen tiraba a quen a area, ¡que divertido!.Tamén subíamos a unha pirámide de cordas moi alta e na cima falabamos das nosas cousas.
Un día oimos un grito desde a rua asomámonos a fiestra e vimos que a choiva inundou a estrada, ainda que logo saiu o sol e fumos a dar un paseo.
Foi unha lástima que fixese tan mal tempo porque no nos pudimos bañar, porque alì hai unha praia moi grande,bañada por o mar mediterráneo, pero non me importou, porque aprendin algo que me dixo a miña nai,"que sempre hai que ver a botella medio chea e non medio vacía"isto quere dicir, que sempre temos que ser positivos.
Este tempo de lecer, serviume para descansar,ler e desconectar da rutina, paséino moi ben.
Na viaxe de volta, paramos en Madrid un día para deixar de novo a Alvaro (que se fixo ainda mais amigo meu) e emprendimos o retorno a A Coruña.
José Nogueira Salorio
No hay comentarios:
Publicar un comentario