O noso cole
miércoles, 20 de abril de 2011
Etapa do Camiño de Santiago
Como o pasado curso, a finais do mes de maio,imos facer unha etapa do camiño de Santiago; está por concretar o itinerario, pero o máis seguro é que se atope nalgun lugar situado no esquema adxunto.
É probable que repitamos Furelos Ribadiso.
Ao saír de Furelos, tómase unha pista de terra e, en pouco máis de 1 km, éntrase en Melide, polo Barrio de San Pedro. Dentro desta vila, o camiño desvíase á esquerda da N-547 cara ao Barrio de Santa María, e tras cruzar o río Lázaro e o lugar de Carballal, o Camiño, embreado, diríxese por un frondoso bosque de carballos e eucaliptos até Raido, pasado o cal se sae á N-547, para abandonala ao momento, por un camiño de terra á súa esquerda.
Entre piñeiros e fieitos, crúzase o Arroio Valverde e descéndese, pola Peroxa, até Boente. Á saída do pobo, séguese descendendo até o val do río Boente, cruzado o cal, vólvese a subir até o ramal abandonado da N-457, pola que se entra en Castañeda.
Desde esta localidade, o Camiño desvíase cara á esquerda, por Pedrido, e descende até Río, a beiras do Arroio Ribeiral, para volver subir, desde a outra beira, a un outeiriño cuberto de alcolitos. Xa no alto, o Camiño cortado pola estrada, que discorre nun profundo tallo, pásaa por unha pasarela de obra. Gañado o terraplén oposto, descéndese rapidamente cara ao río Iso, e a través de Ribadiso de Baixo e de Riba, sálvase por un túnel a N-547 e éntrase ao momento en Ribadiso.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
¡¡¡Ben¡¡¡ teño moitas ganas de volver ir, é certo que nalgúns momentos encontrábame un pouco cansa pero o pasei xenial.
Espero que faga bó.
Publicar un comentario