O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

lunes, 13 de junio de 2011

Engels e Marx

O marxismo é o conxunto de doutrinas políticas e filosóficas derivadas da obra de Karl Marx, filósofo, economista, xornalista e revolucionario do século XIX e do seu amigo Friedrich Engels. Marx e Engels baseáronse na filosofía de Hegel e de Feuerbach, ambos alemáns, a economía política de Adam Smith, a economía ricardiana e o socialismo francés do século XIX para desenvolver unha crítica da sociedade que é tanto científica como revolucionaria.
O comunismo ultrapasou as ideas dos seus percursores, tornándose unha corrente política-teórica que abrange unha ampla gama de pensadores e militantes.
Karl Heinrich Marx, nado en Tréveris o 5 de maio de 1818 e falecido en Londres o14 de marzo de 1883, foi un economista e pensador alemán, que viviu boa parte da súa vida en Inglaterra e que deu orixe ao comunismo, teoría filosófico-económica no século XX. Friedrich Engels, nado o 28 de novembro de 182o e finado o 5 de agosto de 1895, foi un economista e pensador alemán, principal colaborador e coautor da maioría das obras de Karl Marx, xunto co que desenvolveu a teoría comunista.

No hay comentarios: