O río Limia ao seu paso pola comarca de Xinzo, é tamén coñecido como río do Esquecemento ou río Lethes, que lle chamaban os romanos. Os antigos habitantes prerromanos dicían que a quen o cruzaba esquecíaselle todo. Cando as lexións romanas se achegaron á comarca da Limia no transcurso da invasión ibera, correu a voz entre as tropas do problema que ían ter se cruzaban o río. Segundo se di, negáronse a facelo e foi polo que un dos centurións, Décimo Xuño Bruto,tivo que armarse de valor e cruzalo primeiro para que o resto dos soldados se atrevesen a facelo. Unha vez na outra beira, chamou a cada un polo seu nome para amosarlles que non os esquecera, e así empezaron todos a cruzalo.Hoxe en día, no verán, hai unha coñecida festa en Xinzo para celebrar precisamente este feito, é a "Festa do Esquecemento".
Tania
No hay comentarios:
Publicar un comentario