O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

jueves, 25 de febrero de 2010

Alfonso X

CANTIGAS

Afonso X, nado en Toledo en 1221 e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León. Foi alcuñado "O Sabio" pola súa cultura e a potenciación cultural que mantivo, entre a que podemos salientar a creación da Escola de Tradutores de Toledo e a produción de moitas obras: Las Siete Partidas (recompilación xurídica e principios de dereito), tratados de xadrez e poesía en galego como as Cantigas de Santa María e mesmo poemas trobadorescos.
Biografía
Fillo de Fernando III o Santo e de Beatriz de Suabia, aínda infante, participou na tomada de varias prazas andaluzas, entre elas Cádiz; porén, tivo que renunciar á posesión do reino do Algarve (polo Tratado de Badaxoz de 1267), e ás súas aspiracións sobre o reino de Navarra. Tamén fracasou na disputa pola coroa do Sacro Imperio Romano-Xermánico.
En 1246, casou con Violante, infanta de Aragón (12361301), filla da princesa Iolanda da Hungría e de Xaime I de Aragón.
De Maior Guillén de Guzmán tivo a Beatriz de Castela (1242–1303), que casou con Afonso III de Portugal (1210–1279), en 1254, e foi nai de Don Dinis I, rei de Portugal (1261–1325). Afonso X e Maior de Guzmán tamén foron pais de Martín Afonso e de Dona Urraca.
O primero fillo de Afonso, Fernando de La Cerda morreu antes que o pai. Foi o segundo, Sancho, quen o sucedeu no trono.
Afonso X o Sabio faleceu a 4 de abril de 1284, con 63 anos. O seu corazón foi enterrado no Monte Calvario de Xerusalén.

Afonso X e a literatura
Afonso X fomentou a actividade cultural a través da Escola de Tradutores de Toledo e el mesmo foi un bo poeta en galego. Ten unha extensa obra, tanto xurídica como científica, histórica e literaria. Destacan El fuero real de Castilla, onde se promulgan e analizan os foros casteláns, o Codigo de las siete partidas, as Tablas alfonsíes, a Crónica general e grand estoria (aproximación histórica), e as Cantigas de Santa María (poesía en galego que marcou o cumio do galego escrito medieval), así como o Lapidario e os Libro dos xogos.
Afonso X realizou tamén a primeira reforma (normativización) ortográfica do castelán, lingua que adoptou como oficial do reino en troques do latín.
A Escola de Tradutores atraeu un grupo de estudosos cristiáns, xudeus e musulmáns que desenvolveron un importante labor científico, rescatando textos da antigüidade e despois verténdoos ás linguas occidentais, poñendo así os piares do renacemento científico na Europa medieval.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1980.

Lois R. López

No hay comentarios: