Sendo neno, Alfonso tivo unha excelente educación polo interese de súa nai, as calidades do infante e o coidado dos educadores galegos en Maceda. Cando lle entregan a coroa de rei en 1252, xa levaba Alfonso X escritas cantigas en galego-portugués, tanto das chamadas de escarnio como daquelas do xénero amoroso, seguindo a moda dos señores nobres daquela época que se escribían eran chamados trobadores. Máis adiante ha seguir como autor de cantigas e promoverá a magna obra literaria das Cantigas de Santa María, poemas con música para loar á Virxe seguindo o modelo das cantigas de amor.
Mais Alfonso X cambiou de idioma para os traballos científicos coa escolla do castelán, ao que impulsará como lingua do seu trono. Entre esas obras destacan:
· Fuero Real de Castilla
· Las Siete Partidas
· Tablas alfonsíes (astronomía)
· Estoria de España (historia)
· General Estoria
· Libro de los juegos
A participación do rei á hora de facer estas obras era unhas veces directa e outras indirecta. Isto é, ideaba a obra, poñia os medios para facela e dicía como facelas pola forma e polo contido; mesmo indicaba como precisar os debuxos e ilustracións que decorarían o texto. Alfonso X convocou para este labor a un conxunto de sabios en linguas hebrea, árabe e latina, cos que formou a chamada despois Escola de Tradutores de Toledo. Tamén contratou trobadores ou colaborou con cristiáns, xudeus e musulmáns para que rescatasen textos da Antigüidade e os traducisen ao latín ou ao castelán.
Manuel Rodo
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario