Bos días compañeiros , eu son o trobador Antigüs, o meu nome ven de antigo, porque toda,pero toda, a miña xeneración foi trobador ;pero, por agora a min e ao que mellor me vai.Púxenlle nome a miña laúde, porque axudoume moito cando non tiña comida, nin casa onde vivir; chámase Pequerrecha.
Ás mulleres cántolles cantigas de amor; en cada pobo, ao que vou teño unha noiva diferente.
Agora estou en Lucus Augusti , estou polas murallas , alí encóntrase moitas mulleres, e como por agora aquí non teño noiva…Mirade ¡ , alí vai unha ¡
Vou cantarlle, por exemplo a de ``Amorciño meu ´´.
Xa han pasado dúas semanas , e si , a conquistei; pero teño que irme , moitas mozas me esperan.
Ata logo ¡
Celia Jáudenes López
No hay comentarios:
Publicar un comentario