Ola!, chámome Axturix, son da idade dos metais. Meu pai é o xefe da tribo e chámase Maguinux. Agora mesmo estou co meu pai e outras persoas que están facendo obxectos de ouro dentro do edificio público. De maior serei coma el un mañoso artesán e deixarei os labores de caza e gandaría os meus veciños, nunca tiven moita puntería co arco ou coa lanza.Creo que,seguramente, cando pasen centos anos algúns destes obxectos estarán no museo de Pontevedra, un sitio estupendo para coñecer a vida da miña familia e dos meus veciños. Agora mesmo están a fundir o metal. Primeiro, quentan o mineral ata que se funde; logo, moldéano, deposítan o metal xa fundido nun molde de pedra para darlle a forma desexada; máis tarde, déixano arrefriar e, unha vez frío, desmoldan a peza.
Esas pezas relucentes vanas levar para a súa casa a familia do xefe da tribo.
Manuel
Esas pezas relucentes vanas levar para a súa casa a familia do xefe da tribo.
Manuel
No hay comentarios:
Publicar un comentario