O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

lunes, 4 de enero de 2010

Traballo:

Un telescopio para o

século XXI:



O observatorio Axencia Espacial Europeo (ESA, siglas de European Space Agency ) analiza dende hai meses o ceo da illa canaria de La Palma para instalar o que será o maior telescopio do mundo,bautizado como E-ELT que será finalizado no ano 2.018.
Disporá dun espello de 42 metros de diámetro e unha superficie de 15 veces maior que os telescopios máis grandes,construídos ata agora.
Este aumento de tamaño permitirá observar os primeiros obxetos que empezaron a brillar no universo primitivo.
Os técnicos do ESA levan meses avaliando media ducia de lugares para a súa localización.
Investiranse uns mil millóns de euros ao longo de oito anos.Está deseñado para capturar a maior cantidade posible de luz e concentrala nun lugar onde podamos observala directamente como unha cámara fotográfica.
Comentario:
Estou segura de que vai a ser un gran paso para a ciencia e vai permitir explicarnos misterios sobre a orixe do noso planeta que hoxe en día descoñecemos.
Espero que finalmente se instale en Canarias,así seria máis fácil para nós podela visitar.

A Coruña, a 4 de Xaneiro de 2009.
Tania Barreiro Otero

5º B

No hay comentarios: