
No periodo imperial era habitual que emperadores como Claudio ou Domiciano adoptasen características das representaciones de Xúpiter nos seus propios retratos
intentando reafirmar súa soberanía sobre o imperio.
.gif)
Minerva era filla de Xúpiter. Seu pai pediulle a Vulcano que lle remediase a forte dor de cabeza para o que lle debía abrila co seu mellor machado, despois do corte, sairía Minerva, xa adulta.
Minerva aparece representada como deusa da guerra con casquete e levando escudo, lanza e armadura. Tamén adoita ser retratada como un espectro feminino, que leva na súa cabeza infinidade de colebras, o tinte lívido, e con serpes nas mans. Tamén aparecía tendo consigo un moucho e varios instrumentos matemáticos, por ser ao mesmo tempo deusa da sabedoría.

Facía os homes conscientes dos seus pecados e era o axente da súa purificación; presidía sobre as leis da relixión e sobre as constitucións das cidades, era o símbolo da inspiración profética e artística, sendo o patrono do máis famoso oráculo da antigüidade, o Oráculo de Delfos, e líder das musas. Era temido polos outros deuses e soamente seu pai e súa nai podían contelo. Era o deus da morte súbita, das pragas e doenzas, mais tamén o deus da cura e da protección contra as forzas malignas. Alén diso era o deus da beleza, da perfección, da harmonía, do equilibrio e da razón, o iniciador dos mozos no mundo dos adultos, estaba ligado á natureza, ás herbas e aos rabaños, e era protector dos pastores, mariñeiros e arqueiros. Aínda que tivese moitos amores, foi infeliz nese terreo, pero tivo varios fillos. Foi representado moitas veces como un home xove, nu, ás veces con un manto, un arco e unha alxaba de frechas, ou unha lira, e con algún dos seus animais simbólicos, como a serpe, o corvo ou o grifo.


Os seus símbolos eran o tridente e o cabalo; nun principio, o tridente era a imaxe dos dentes e dos monstros mariños, é tamén unha das armas máis antigas de pesca.No cristianismo é o símbolo de Cristo pescador de homes; as puntas simbolizan o poder de Deus sobre o pasado, o presente e o futuro. O cabalo é o animal que simboliza os dous polos do cosmos, arriba e abaixo, e tamén a forza de Deus sobre os humanos.
Manuel Rodo
No hay comentarios:
Publicar un comentario