As Médulas foi unha explotación romana de ouro a ceo aberto. Está na comarca do Bierzo.Empregáronse ata seseta mil escravos para tirar máis de 1.500.000 kg de mineral. O sistema que usaban era o da auga en canles para mover a terra facendo antes depósitos enormes.A explotación durou desde cerca o ano da era de Cristo ata 250 anos despois.Hoxe as árbores cobren boa parte do que foi a mina, sobre todo o castiñeiro, mais aínda podemos percorrer as galerías feitas polos romanos no terreo.
O ACUEDUTO DE SEGOVIA
O acueduto de Segovia é un monumento moi ben conservado. Os investigadores cren que se fixo a finais do século I. O acueduto conduce as augas do manancial de Fuenfría ata a cidade de Segovia situada a quince quilómetros.Está construído con grandes pedras de granito. Ata hai poucos anos o acueduto traía a auga para a cidade de Segovia.
Nos últimos anos sufriu graves deterioros debido á contaminación.
Manuel Rodo
No hay comentarios:
Publicar un comentario