Púxemonos no lugar das vaquiñas da foto:
Lucía:
EU ,MUMULU
Eu son a vaca Mumulu. Vivo en Arzua, e nunca vín nevar.
Por iso, esta maña, cando ía pastar, coas miñas amigas,
e vín aquel manto branco, asusteime.
“Ese manto non é nada comparado co que va nevar maña
pola maña”, dixome o granxeiro. E así foi. Pasou a noite,
e pola maña había un manto maior. “Que horror!”-dixo a
miña amiga Mumuce.-“agora, temos que cavar na neve para comer”.
Todas lle dimos a razón .Pero ainda enriba , veu un xornalista, pola maña, para sacarnos unha foto na neve, e tardou tanto en facela que creo que a miña leite convertiuse en granizada.
Se queredes saber quen són, mirade tralos toxos, ahí estou…
Manuel:
Eu son unha vaca,a que estivo na Fonsagrada.Eu estiven nunha fotografía do periódico, coa compañía de outras vacas: elas e máis eu estabamos nun campo cuberto pola neve.Eu son a que está na segunda ringleira; tiña os cornos cara arriba, non se me ve o rabo, nin se me ve unha das patas traseiras.
Non podiamos andar pola neve porque cubrianos as patas completamente; tampouco podiamos comer porque todos os arbustos estaban cubertos pola neve; nas patas dabannos calafrios co frio
que daba a neve e pansabamos que quedariamos atrapadas; iso non podia durar moito máis, porque seguramente morreriamos co frio, e ademais non poderiamos comer nos arbustos cubertos con esa masa branca...
Lois:
Hola, son Frantis; que non sabedes quen son? Eu son a mais coñecida do meu grupo: Frantis. Pero seguro que me coñecedes por Fantisti. Que non, dicides? Pois son a que mira para vós, a que ten outra vaca agochada detrás. Si, é Catiuxa, a miña mellor amiga coa que fago todo: os deberes, xogar, ler, debuxar,etc. Sempre o pasamos xenial xuntas.
Hoxe temos un problema toda-las do grupo: cando nos espertamos vimos que todo o noso prado estaba cuberto de algo enorme e frío, e, por si fora pouco pequenos confetis brancos que non deixaban de caer do ceo. Non entendíamos nada pero lle escoitamos ao noso granxeiro dicir que se chamaba algo así como peve… nede… Neve! Dixo Catiuxa, que o vira nun libro que limos hai tempo.
E aí nos tes metidos os pés en 70cm de neve sen casi de comer e cun frío que “pela”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario