A MÉRIDA DA ÉPOCA ROMANA
Mérida é unha cidade española, capital da Comunidade Autónoma de Estremadura, rexión situada no suroeste de España, sendo sede das súas institucións de goberno. Logo de Badaxoz e Cáceres, é o terceiro núcleo poboacional de Estremadura. O padrón municipal de 1 de xaneiro de 2007 outorgáballe 58.578 habitantes. Pertence á provincia de Badaxoz.
Monumentos
· Ponte Romana, sobre o río Guadiana, remonta ao século I. Ten 762 metros de longo por 5 m de ancho, cunha altura de 11 m e largo. Posúe 60 arcos de bloques de granito.
· Anfiteatro, construído tamén por Agripa no 8 a.C., tiña capacidade para 15.000 espectadores, cunhas dimensións de 126 X 102 metros. Está bastante ben conservado.
· Teatro romano, erguido por Agripa, xenro de Augusto, no 16-15 a.C. Ten unha capacidade de 6.000 persoas. Restaurado, foi utilizado, desde 1933, para espetáculos a aire aberto
· Templo de Diana, no centro da cidade. O seu espazo foi utilizado, para costrución do pazo do conde de Corbos, o que o preservou da ruína.
Celia J.
No hay comentarios:
Publicar un comentario