O 28/3/11 fumos de excursión ao planetario. Nel tiñan ,oitas cousas científicas e todas elas diferentes. Encantáronme uns poliños nacer, un obxeto para facer pompas enormes, unha pantalla de termoloxía e un vídeo dos planetas, astros, satélites...
Tamén vimos figuras en 3D, bólas que xiran ao redor dun obxeto circular, olores, sinais de perigo, fotografías de mulleres dende pequenas a maiores, espellos onde víaste multiplicado, unha corrente de area no deserto, o mundo, a Homer Simpson dende mono ata combertirse nun home, a vista de como se vería se estiveras alcólico...
A Darwin o caricaturizaban como a un mono polas súas investigacións.
No vídeo explicáronnos historias das contelacións. Tamén as carcterísticas de cada estación. As constelacións son conxuntos de estrelas que forman figuras cun nome particular.
O Sistema Solar son os planetas que xiran ao redor do Sol. No vídeo ensináronnos algúns planetas como a Terra e astros como Polaris, a Osa Maior, a Osa Menor...Víanse os satélites ao redor dos planetas. A Zorra, o Touro... son astros. O vídeo estaba en 3D. Antes de velo, o astrónomo díxonos que non quitáramos fotos porque ao ser unha zoa oscura a pupila dilatáse e se quitamos unha foto poderíamos ter algunha lexión ocular, porque as cámaras móviles... teñen unha luz moi forte. Logo, revisamos o planetario e fumos ao bus. Foi unha experiencia que nunca olvidarei e nela aprendimos moito sobre o ceo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario