O dia 26 visitou o noso Centro Manuel Rivas; nos léramos o seu libro "Bala Perdida" e fíxonos ilusión coñecer máis de cerca ao seu autor. Contounos unha serie de anécdotas da sua infancia e falóunos de como era a sua nenez no barrio coruñes de Monte Alto, onde está ubicado o noso colexio.
Contounos que foi o que lle impulsou a crear os personaxes de Bala Perdida, e de como Brétema, cidade na que se desenrola a acción, é una evocación literaria da Coruña.
Foi unha avisita moi amena que lle agradecimos moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario