O noso cole

O noso cole
O NOSO COLE. Supercurritos somos: Rafa, Israel, Tania, Évelin, Lucia, Celia, Nerea, Fernando, José, Alexa, Lois, Manuel, Pamela, Alejandra, Rodrigo e a profe, Rosa R.Álvarez

martes, 6 de abril de 2010

1999, xullo

O 27 de setembro de 1999, o programa Lincoln de Investigacions de Asteroides Cercanos á Terra (Lincoln Near-Earth Asteroid Research, LINEAR), de Nuevo México, descubriu ao cometa Linear
Logo dunha etapa de seca cometaria, o mes de xullo tivemos a oportunidade de ver un cometa que animou un chisco a bóveda celeste. Foi nos meses de 2000 cando o cometa LINEAR alcanzou unha magnitude considerable e puido verse a simple vista. Algúns investigadores cren que o núcleo do cometa podería alcanzar os dous quilómetros, mentres outros deixano nun tamaño ben máis pequeno, trescentos metros de diámetro. A súa procedencia pode ser a nube de Oort, un lugar afastadísimo de nós dentro do sistema solar.

Xullo, isto é, vinte días antes do paso polo perihelio.


JOAQUÍN RODRIGO
Hai pouco máis de dez anos, en concreto o 6 de xullo de 1999, que Joaquín Rodrigo morreu en Madrid, o autor da famosa obra El concierto de Aranjuez.
Este músico de vida case centenaria decantouse pola actividade musical debido a que unha enfermidade infantil deixouno practicamente cego.
Despois dos seus estudos xuvenís, trasládase a Paris para completar a formación avanzada. Volve en 1939 a España para se instalar en Madrid coa súa esposa, unha pianista polaca chamada Victoria Kamhi. Desde un inicio da súa carreira de compositor escribía os seus traballos en braille.
As cancións e o repertorio para guitarra son as composicións preferidas deste autor, entre as que destacan Cántico de la esposa e Cuatro madrigales amatorios.

Manuel Rodo

No hay comentarios: