Dende a ponte medieval do rio Furelos, iníciase unha subida á vila de Melide pola sua rúa principal.
Melide-Boente; 5,6 km.
Dende o alto de Melide descendese pola rua que conduce ao albergue. Tras saires da poboación, novamente as sendas e camiños, conduciránnos ata Boente. No curso deste tramo pasaremos por Sta. María de Melide, cruzaremos o regato de San Lázaro, en baixada por un eucaliptal, deixaremos tras de nos a aldea de Raído e o regato Valverde, onde se inicia un lixeiro ascenso por un camiño de terra que nos dará acceso a Boente.
Boente-Castañeda; 2,2 km.
Toda esta información atópase ampliada na páxina MUNDICAMINO, de onde foi sacada.